Tuesday 30 de April de 2024

O concello renova o pavimento en tres rúas da capital municipal


En todos os casos contémplase aplicar unha nova capa de aglomerado e a correspondente sinalización horizontal e repintado das marcas viarias.

Continuando co desenvolvemento do plan municipal de conservación e mantemento da rede viaria, o Concello comezou a execución dun proxecto que afecta a tres rúas da capital municipal.

Ao longo do día de hoxe os traballos localízanse na rúa Eusebio Bértoa, onde se está a renovar a superficie de rodadura dos vehículos por medio da aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico previo fresado nas zonas da calzada que se atopaban en peor estado.

Actuacións de similares características levaranse a cabo a continuación, previsiblemente durante a xornada de mañá venres, nas rúas Río Anllóns e Río Bradoso.

Nos tres casos contémplase, tamén, o repintado das marcas viarias, da sinalización horizontal e dos pasos para peóns.

Nestas actuacións o Concello inviste 80.000 euros.